Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

lentes de visión nocturna

Dispositivo óptico ou electrónico para ver na noite ou en condicións de baixa visibilidade.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina que non admite singular (páxinas amarelas)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
Os soldados utilizan lentes de visión nocturna para poder atacar os obxectivos.
Información complementaria: 
Os dispositivos ópticos conseguen visibilidade nocturna a base de lentes grandes que conseguen captar máis luz e, polo tanto, que ao ollo lle chegue con máis intensidade. Os dispositivos electrónicos amplifican a luz que lle chega a un sensor de imaxe (cámara), ou ben procesan a imaxe para conseguir un maior contraste ou visibilidade, ou ben traballan nun rango do espectro invisible (normalmente no infravermello próximo) e preséntanlle ao ollo as imaxes obtidas no espectro visible.
Ver tamén: 
espectro visible; visión nocturna
Traducions
Tradución portugués: 
óculos de visão nocturna
Tradución castelán: 
gafas de visión nocturna
Tradución francés: 
jumelles de vision nocturne; JVN; NVG
Tradución italiano: 
occhiali per visione notturna
Tradución inglés: 
night vision device; night vision glasses; NVG
Tradución alemán: 
Nachtsichtgerät