Carácter pertencente ao conxunto que inclúe letras, díxitos e signos de puntuación.
Categoría Gramatical:
adxectivo (bonito/a)
Información complementaria:
En informática utilízase tanto para referirse aos caracteres deste estilo, coma para designar un teclado que integra nunha soa peza o alfabético normal e o numérico (máis as teclas de función e teclas especiais). Este tipo de teclados diferéncianse doutros que contan co teclado numérico separado.