Pequeno ficheiro que contén información sobre un determinado arquivo e que serve como semente para podelo descargar a través da rede P2P bittorrent.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
Os torrents pódense atopar en moitas páxinas web especializadas.Información complementaria:
Entre outros datos contén información sobre o tamaño do arquivo e unha firma das distintas partes deste mediante as que se verifica que a descarga se realizou de xeito correcto.