Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

LAMP - Linux, Apache, MySql e PHP

Conxunto de tecnoloxías web de código aberto e gran difusión que permiten a creación de webs dinámicas dotadas de acceso a bases de datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
LAMP
Exemplo: 
Montei un servidor LAMP.
Información complementaria: 
O servidor web Apache, a base de datos MySql e a linguaxe de programación do lado do servidor PHP, correndo nun contorno Linux, permiten a creación de webs dinámicas dotadas de acceso a bases de datos. O seu caracter gratuíto permitiu a súa extensión, e hoxe en día a maior parte dos provedores dan soporte a este conxunto de tecnoloxías. Existen paquetes de instalación automatizados, que permiten unha rápida implantación en modo local, de xeito que poidamos montar unha plataforma de desenvolvemento ou de probas nos nosos equipos. Tamén existen versións para Windows (WAMP) e Macintosh (MAMP).
Ver tamén: 
Apache; código aberto; Linux; MySQL; PHP Hypertext-Preprocesor
Traducions
Tradución portugués: 
LAMP - Linux, Apache, MySql e PHP
Tradución castelán: 
LAMP - Linux, Apache, MySql y PHP
Tradución francés: 
LAMP - Linux, Apache, MySql et PHP
Tradución italiano: 
LAMP - Linux, Apache, MySql e PHP
Tradución inglés: 
LAMP - Linux, Apache, MySql and PHP; software bundle
Tradución alemán: 
LAMP - Linux, Apache, MySql und PHP