Árbore na que cada nodo intermedio se etiqueta cun atributo ou cunha pregunta dalgún tipo, e no que as pólas en cada nó corresponden a posibles valores do atributo ou respostas á pregunta.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
Por exemplo, se o atributo é 'forma' haberá ramas por debaixo do nodo para os posibles valores de 'forma': cadrada, triangular e redonda. Os nodos folla etiquétanse cunha clase.
Información complementaria:
As árbores de decisión utilízanse en tarefas de clasificación. Comézase no nodo raíz da árbore, e facendo uso dos atributos ou preguntas realizadas sobre eles, en cada nodo vanse tomando as pólas axeitadas ata chegar a un nodo folla. A etiqueta neste nodo folla é a clase do dato que se está a clasificar.
Ver tamén:
clasificador