Instrumento que permite a medición das propiedades das redes eléctricas ou sistemas modelados como tal, especialmente aquelas ligadas aos fenómenos de reflexión e á transmisión, coñecidos como parámetros de dispersión ou parámetros S.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
VNA; SNA
Información complementaria:
Existen dúas clases principais de analizadores de redes: escalares e vectoriais. Os primeiros (Scalar Network Analyzers) só permiten medir a amplitude dos parámetros de dispersión. Os vectoriais (Vector Network Analyzers) permiten ademais obter a fase destes parámetros.
Ver tamén:
parámetros de dispersión