Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

simulador

Aparello que permite a simulación dun sistema, reproducindo o seu comportamento, tanto as sensacións físicas (velocidade, aceleración, percepción do contorno) coma o comportamento dos equipos da máquina que se pretende simular.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Para simular as sensacións físicas pódese recorrer a complexos mecanismos hidráulicos comandados por potentes ordenadores que mediante modelos matemáticos conseguen reproducir as sensacións de velocidade e aceleración. Para reproducir o contorno exterior empréganse proxeccións de bases de datos de terreo. Este contorno coñécese como "contorno sintético". Para emular o comportamento dos equipos da máquina simulada pódese recorrer a varias técnicas: elaborar un modelo de cada equipo, utilizar o equipo real ou ben empregar o mesmo programa que corre no equipo real pero facéndoo correr nun ordenador máis convencional (e polo tanto máis barato). Esta última opción coñécese como "Software Rehosteado".