Especificación técnica aprobada por un organismo recoñecido de actividade normalizadora para a súa aplicación repetida e continua co fin de garantir os mesmos resultados na súa aplicación por diferentes usuarios.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Exemplo:
Sen cumprimento de normas non hai calidade garantida.Información complementaria:
Existen tres categorías:
1.- Norma internacional: norma adoptada por unha organización internacional de normalización e posta a disposición do público.
2.- Norma europea: norma adoptada por un organismo europeo de normalización e posta a disposición do público.
3.- Norma nacional: norma adoptada por un organismo nacional de normalización e posta a disposición do público.
Debe chamarse a atención sobre a voluntariedade das normas, en tanto que o seu contido non se torne abrigatorio por remisión expresa dunha regulamentación técnica de rango normativo.