Publicidade en liña que consiste en enviarlle información ao cliente co seu consentimento.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
A empresa ten unha política de publicidade con permiso, xa que pregunta se queremos recibir publicidad e en que medios a recibiríamos.Información complementaria:
Termo creado por Seth Godin, exvicepresidente de márketing de Yahoo, no seu libro "Permission marketing". As posibilidades deste tipo de comercialización dependen do tipo de produto ou servizo, da intensidade da relación empresa-cliente, da percepción de valor, etc., pero o que é evidente é que necesita unha orientación a longo prazo e que se separa bastante da comercialización imperante ata o momento.