Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

código matriz de datos

Sistema bidimensional para almacenar información nunha matriz cadrada, caracterizada por ter dous bordos adxacentes sólidos e os outros dous con deseño alternante, e que permite a xeración dun gran volume de información nun formato moi reducido, con alta fiabilidade de lectura grazas a sistemas de corrección de erros (lexible ata cun 20%-30% danado).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
matriz de datos
Exemplo: 
Isto que ves neste produto é código matriz de datos e se tes o software adecuado, obterás a información almacenada na etiqueta.
Información complementaria: 
O código está formado por celas de cor branca e negra conformando unha figura cadrada ou rectangular. Cada unha desas celas representa un bit de información. Comézase a empregar o código matriz de datos en contornos industriais como método de codificación bidimensional. Ademais non é necesario un alto contraste para recoñecer o código.
Ver tamén: 
código QR; código de barras
Traducions
Tradución castelán: 
código matriz de datos
Tradución inglés: 
data matrix code
Tradución alemán: 
Data Matrix Code