Interface que ten como obxectivo mellorar a eficiencia, a efectividade e a naturalidade da interacción entre usuario e máquina.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
punto de intercambio
Exemplo:
Unha interface de usuario intelixente pode ser axeitada para todos os públicos.Información complementaria:
Para conseguir unha boa interacción a interface debe ser capaz de modelar o usuario, as súas tarefas e o contorno; e o usuario debe realizar o seu labor e ter capacidade para analizar as entradas e xerar as saídas de forma adecuada.
O contexto de uso descríbese en función do usuario que estea a usar a aplicación, da plataforma que estea a utilizar para interaccionar (tanto desde o punto de vista do soporte físico coma do programa), e o contorno físico onde se realiza a interacción (condicións de luminosidade, ruído, etc).
Ver tamén:
interacción computadora-home; interface de usuario