'Ventá X', aplicación e protocolo de rede que lles proporciona unha interface gráfica aos sistemas UNIX.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
X11
Abreviatura:
X
Exemplo:
A interface gráfica dos sistemas GNU/Linux actuais está baseada en X-Windows.Información complementaria:
A maior parte das interfaces gráficas UNIX están baseadas en X-Windows. Permite que as imaxes producidas nunha estación da rede se mostren noutro equipo. X-Windows foi desenvolvido no MIT en 1984. En 1987 creouse o protocolo X11. A "X.Org Foundation" realiza a implementación de referencia X.org.
X é o encargado de mostrar a información gráfica e é totalmente independente do sistema operativo. O sistema de ventás X distribúe o procesamento de aplicacións especificando enlaces cliente-servidor. O servidor dá servizo para acceder á pantalla, teclado e rato, mentres que os clientes son as aplicacións que utilizan estes recursos na interacción co usuario. Deste xeito, mentres o servidor se executa de xeito local, as aplicacións poden realizarse remotamente desde outras máquinas, proporcionando así o concepto de transparencia de rede.
Debido a este esquema cliente-servidor pódese dicir que X se comporta como unha terminal gráfica virtual.
Nos sistemas X é importante un programa chamado "window manager", este "xestor de ventás" é o responsable do aspecto final da interfaz.