Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

onda curta

En radiocomunicacións, onda ou fronte de onda no intervalo 3-30 MHz, pertencente á banda HF, correspondente a unha lonxitude de onda no intervalo 10-100 m.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Non constitúe un termo oficialmente aceptado polos organismos internacionais, sendo máis propia a designación desta banda polas siglas HF. Nos inicios da radio, o termo onda curta empregábase para designar a transmisión realizada a frecuencias superiores ás empregadas inicialmente, que pasaron a coñecerse como onda longa. A propagación en onda curta débese ao fenómeno de refracción ionosférica. O alcance conseguido con este modo de transmisión é moi amplo, acadando case calquera lugar da terra, aínda que esta banda se ve afectada por sombras de cobertura. Ademais, o incremento da frecuencia reduce o alcance ao incrementarse a penetración na ionosfera. O estándar dixital DRM (Digital Radio Mondiale) ten por obxecto mellorar a calidade do audio da radio en onda curta.
Ver tamén: 
espectro electromagnético; onda media; onda longa
Traducions
Tradución castelán: 
onda corta
Tradución francés: 
onde courte
Tradución inglés: 
shortwave; short wave