Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

masa

Conexión eléctrica condutora pola que un circuíto está conectado nalgún punto á terra ou a algún outro grande elemento condutor que poida servir como nodo de referencia do circuíto, ao que se lle asigna o valor de 0 volts.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
terra
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
Os enchufes europeos teñen unha conexión exterior que permite conectar os dispositivos eléctricos á terra.
Información complementaria: 
A terra serve como un punto de referencia, como elemento necesario para pechar o circuíto e tamén como un sistema de seguridade encargado de transportar a corrente de forma segura fóra do circuíto en caso de fallo. En circuítos de radiofrecuencia e microondas, a caixa e a base dos circuítos integrados adoitan estar conectados a este nodo. O chasis dos avións ou dos vehículos funciona como a terra, aínda que non teñan conectividade directa coa superficie terrestre.
Traducions
Tradución portugués: 
terra
Tradución castelán: 
tierra; masa
Tradución francés: 
terre
Tradución italiano: 
terra
Tradución inglés: 
ground
Tradución alemán: 
Erde