Tecnoloxía patentada por Sony para mellorar a calidade da imaxe nos tubos de imaxe, que consiste en facer que os tres feixes de electróns sexan acelerados e enfocados nun único, en vez de ter un canón de electróns completo por cada feixe de electróns de cada primario R, G e B.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
A compactación dos tres canóns nun só lle permite que a pantalla poida ser como unha sección de cilindro. Isto supón unha vantaxe, pois limita o número de reflexos de puntos de luz no contorno da pantalla que se ven reflectidos nela. Onde hai un reflexo importante, non se ve a imaxe ou vese moito peor.
Antónimos:
canón triplo