Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

banda lateral vestixial

Técnica de modulación analóxica en amplitude que consiste en non enviar as dúas bandas laterais completas senón só unha e mais unha pequena parte da outra (un vestixio).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
BLV
Exemplo: 
En televisión a banda vestixial ten só un MHz.
Información complementaria: 
Modulación moi similar á BLU. Esta técnica é a usada para as transmisións de televisión analóxica en que é especialmente indicada por facilitar a construción dos filtros de frecuencia intermedia así como por introducir unha protección ás compoñentes de baixa frecuencia que son as máis importantes para o sistema visual humano. O vestixio axuda a protexer a información de baixa frecuencia do sinal transportado. Esta modulación utilizouse en todos os sistemas de televisión analóxica (PAL, SECAM, NTSC). A partir do sinal DBL (coas dúas bandas laterais en frecuencia) elimínase unha delas case por completo, deixando unha pequena parte (vestixio); se esa banda se eliminase completamente, estaríase ante unha BLU.
Ver tamén: 
banda lateral única; dobre banda lateral; 8-banda lateral vestixial
Traducions
Tradución castelán: 
banda lateral vestixial; BLV
Tradución inglés: 
lateral band vestigial; LBV