Cinta de plástico que leva na súa superficie un material magnético no que se almacena o sinal de televisión.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
casete de vídeo; videocasete
Información complementaria:
Vai metida nunha caixa con dous cilindros de modo que ao soltarse dun vaise enrolando no outro. Se está dentro do equipo de vídeo, a cinta pasa pola superficie do tambor de vídeo que vai xirando con certa inclinación respecto da cinta e os cabezais de lectura van lendo os sinais de vídeo e de audio que o equipo de vídeo prepara e amplifica para enviar a un televisor no que se ven as imaxes gravadas na cinta.
Ver tamén:
sinal de vídeo; tambor; vídeo doméstico