Rede de cable coaxial, fibra óptica ou mixta que chega aos domicilios particulares mediante un cable coa que se consegue recibir calquera servizo telemático.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Dentro da rede global distínguense varias subredes ás que se lles dá un nome. Empezando na cabeceira principal arranca a rede de transporte que vai ata as cabeceiras de rede secundarias. Desde as cabeceiras secundarias e ata os nós ópticos vai a rede de acceso. Despois dos nós ópticos vén a rede de distribución sobre todo en cable coaxial que chega ata os puntos de terminación de rede (PTR). Logo de cada PTR vén a rede de edificio, dentro da que se distingue a rede de distribución, a rede de dispersión e a rede de usuario.
Ver tamén:
rede de acceso; rede de distribución; rede de edificio; rede de transporte