Programa informático similar a un sistema de información xeográfica, ofrecido gratuitamente por Google, que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Google Earth é un programa que se instala no ordenador e comunícase cunha potente base de datos residente nun servidor compartido con Google Maps. Mediante a tecnoloxía stream o programa conéctase ao servidor e desprega os contidos solicitados no ordenador.
Ver tamén:
Google Maps; sistema de información xeográfica; 3D