Característica de Google Maps e de Google Earth que proporciona imaxes esféricas ao nivel da rúa, que permite aos usuarios ver partes das cidades seleccionadas e as súas áreas metropolitanas circundantes.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Google street mostra fotos tomadas desde cámaras montadas sobre unha frota de automóbiles, que se ven sobre as imaxes de fondo previamente tomadas desde satélite que compoñen os mapas de Google. Pódese navegar a través destas vistas utilizando os cursores do teclado ou usando o rato. Cando se lanzou o servizo, o 25 de maio de 2007, só cinco cidades estadounidenses estaban incluídas. Desde entón expandeuse por centos de cidades en Australia, Estados Unidos, España, Francia, Italia, Xapón e Nova Zelandia. Desde o 28 de outubro de 2008 pódense visitar as cidades españolas de Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla.
Ver tamén:
Google Earth; Google Maps