Circuíto utilizado nos terminais telefónicos analóxicos para separar o sinal entrante do saínte.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
As bobinas híbridas separan os dous sentidos de comunicación nos pares telefónicos.Información complementaria:
As bobinas híbridas son un circuíto moi antigo e que continúa a ser utilizado. Realizan o labor de separar os sinais segundo o sentido (entrante ou saínte) co que circulan polas liñas telefónicas analóxicas (que están constituídas por un par de fíos). A bobina híbrida só se pode utilizar en baixa frecuencia; para frecuencias altas existe o circulador.
Ver tamén:
circulador; teléfono; telefonía