Satélite no que a órbita pasa por ambos os dous polos, mais como o satélite ten unha órbita circular de plano fixo e a terra non para de rotar, cada órbita pasará por unha lonxitude diferente.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Os satélites meteorolóxicos adoitan ser satélites de órbita polar. Información complementaria:
A maioría de satélites de observación e meteorolóxicos son de órbita polar. Para recibir as súas imaxes adoita empregarse unha parabólica motorizada e un sistema de auto-tracking, un ordenador calcula os ángulos de apuntamento e ordénalle ao motor que mova a antena.
Ver tamén:
satélite artificial; satélite de baixa altura; satélite xeoestacionario