Perturbación que aparece nos sinais cando son dixitalizados cunha frecuencia de mostraxe insuficiente.
Categoría Gramatical:
substantivo inglés (swine)
Exemplo:
O aliasing xera un sinal falso en baixa frecuencia.Información complementaria:
Os conversores analóxico-dixitais adoitan conter un filtro anti-aliasing. Ese filtro elimina os compoñentes de frecuencias altas que poderían crear aliasing. Pártese de que é preferible perder compoñentes a xerar sinais falsos.
Ver tamén:
antialiasing; frecuencia de Nyquist