Unidade do Sistema Internacional para a tensión eléctrica ou voltaxe.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
V
Exemplo:
Os circuítos electrónicos adoitan usar voltaxes baixas, é típica a alimentación de 5 volts de continua.Información complementaria:
A voltaxe é unha diferenza de potencial eléctrico. Expresa a enerxía que desprenderán as cargas eléctricas se as deixamos fluír polo circuíto dun punto a outro. Ese número tamén nos indica a enerxía necesaria para volver poñer as cargas no primeiro punto, que é a enerxía que ten que subministrar o xerador.
Cando unha unidade de carga (un coulomb) flúe nun segundo e desprende un joule de enerxía, polo circuíto circula un ampere e a potencia que se disipa é dun watt, a diferenza de potencial será dun volt.
Ver tamén:
tensión; ampere