Sinal definido pola ecuación derivada do sinal banzo.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
función delta; delta de Dirac
Abreviatura:
δ
Información complementaria:
A función impulso, tamén chamada función "delta de Dirac", é unha función matematicamente atípica que forma parte da "teoría das funcións xeneralizadas". A función impulso representa unha enerxía de valor 1 aplicada nun intervalo temporal de duración nula. É un sinal teórico moi importante no marco teórico do procesamento de sinal, non existe na natureza e só se pode xerar de xeito aproximado.