Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

bifurcación

Creación dun proxecto nun enderezo distinto do principal ou oficial tomando o código do proxecto xa existente.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Sinónimos: 
fork
Exemplo: 
A Enciclopedia Libre é unha bifurcación que naceu da escisión da Wikipedia española.
Información complementaria: 
Como resultado da bifurcación pódense xerar proxectos diferentes que cobren necesidades distintas aínda que próximas. O termo tamén pode ser usado para representar a ramificación de calquera traballo. As bifurcacións de proxectos de programas libres xorden dun cisma nos obxectivos ou dun choque de personalidades. Nunha bifurcación, ambos os lados asumen copyright idénticos pero só o grupo de maior tamaño, ou o que contén ao arquitecto orixinal, reterá o nome orixinal completo e a comunidade de usuarios asociada. Por iso existe unha penalización asociada coa bifurcación. As bifurcacións en proxectos de programas propietarios usualmente lévanse a cabo para crear versións dun mesmo programa que funcionen en diversos sistemas operativos, aumentando así a cota de mercado. Pero adoitan reter as mesmas características, facilitándolles así aos usuarios o uso do mesmo programa en diferentes sistemas operativos.
Traducions
Tradución portugués: 
bifurcaçâo; ramificaçâo; fork
Tradución castelán: 
bifurcación; fork
Tradución francés: 
fork
Tradución italiano: 
fork
Tradución inglés: 
fork
Tradución alemán: 
fork