Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

3D Warehouse

Función de SketchUp que permite buscar, compartir e almacenar modelos en 3D.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos: 
Galería 3D
Información complementaria: 
Calquera persoa pode buscar e descargar modelos. Para publicar os propios é necesario identificarse utilizando unha conta Google. Os modelos na Galería 3D inclúen todo o necesario para o seu mundo 3D: edificios, casas, pontes, estatuas, esculturas, sofás, coches, persoas, animais e moito máis. Desde SketchUp, pode iniciar unha busca entre os miles de modelos almacenados na Galería 3D. Pode descargar os modelos 3D que máis lle gusten para utilizalos nos seus modelos de SketchUp. Se o modelo conta cunha localización no planeta, por exemplo, un edificio situado en Boulder, Colorado, tamén pode descargalo e velo en Google Earth. Algúns programas de CAD 3D (VectorWorks) xa se actualizaron para ser capaces de utilizar os modelos subidos á Galería 3D de SketchUp. SketchUp fixo un traballo fantástico en canto á facilidade de creación de modelos 3D para calquera usuario. E coa Galería 3D vai facer que os obxectos 3D sexan fáciles de atopar e compartir para todo o mundo.
Ver tamén: 
SketchUp; 3D
Traducions
Tradución portugués: 
3D Warehouse
Tradución castelán: 
3D Warehouse
Tradución francés: 
3D Warehouse
Tradución italiano: 
3D Warehouse
Tradución inglés: 
3D Warehouse
Tradución alemán: 
3D Warehouse