Servizo de Internet baseado nunha arquitectura cliente-servidor onde se ten acceso a páxinas con información codificada en HTML e a outras tecnoloxías que proporcionan unha doada interactividade mediante hipervínculos.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
arañeira
Información complementaria:
As orixes da web remóntanse a 1989, no CERN, cando un físico británico, Tim Berners-Lee buscaba un sistema para acceder a gran cantidade de información dos sistemas informáticos do CERN. A Tim Berners-Lee tamén se lle debe o primeiro servidor Web que utilizaba un computador chamado NeXT, desenvolvido por Steve Jobs. Ata 1993 non se fixeron públicas as especificacións para adoptala como medio de acceso a información aberto a calquera usuario de Internet.
Ver tamén:
intranet; extranet; araña web