'Algoritmo de resumo seguro', conxunto de funcións criptográficas de resumo desenvolvidas pola Axencia Nacional de Seguridade dos Estados Unidos de América.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
SHA
Información complementaria:
Publicado polo Instituto Tecnolóxico Nacional de Estándares (en inglés NIST: National Institute of Standards and Technology) como un procedemento estándar para uso non militar. Actualmente hai tres familias de estándares SHA: SHA-0, SHA-1, SHA-2 e SHA-3. A primeira xa non se utiliza ao atoparse un fallo que permite a súa descodificación. SHA-1 é moi utilizada na verificación da integridade de arquivos, pero proximamente utilizarase de modo xeral o SHA-2 ao descubrirse algunha debilidade por forza bruta ás 2^64-1 interaccións, SHA-3 está aínda en desenvolvemento. Dise que un algoritmo está en perigo cando se descobren colisións, isto é, que dous ficheiros ou cadeas distintas xeran a mesma pegada ou hash.
Ver tamén:
Axencia de Seguridade Nacional; colisión; Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía