Porción do espectro electromagnético comprendida no intervalo 1-2 GHz segundo o estándar do IEEE, ou 40–60 GHz para a OTAN, empregado para comunicacións de satélites T/S-DAB, como Eureka (T-DAB), sendo o resultado da conversión dos sinais recibidos do enlace descendente en bandas Ku ou C no LNB da parábola de recepción.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
O intervalo de lonxitudes de onda para o estándar definido pola OTAN é 5–7,5 mm. O nome de banda L provén do termo inglés "long" que significa "longa".
Ver tamén:
banda de frecuencia; banda K; banda Ka; banda Ku; espectro electromagnético; radiofrecuencia