'Iniciativa de música dixital segura', foro composto por máis de 200 empresas tecnolóxicas, fabricantes electrónicos, de seguridade, operadoras... co propósito de desenvolver unhas especificacións que protexesen a reprodución, almacenamento e distribución da música en formato dixital.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura:
SDMI
Exemplo:
A iniciativa SDMI tiña os seus días contados desde o principio.Información complementaria:
Formada nos finais dos 90, en maio do 2001 a iniciativa declarou o seu fracaso ao non acadar os obxectivos que se formularan.
Ver tamén:
Digital Radio Mondiale