Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

amplificación intermedia

Proceso de amplificación que se realiza introducindo o amplificador nunha rede de televisión dunha edificación, co obxecto de repoñer as perdas superiores a 60 dB que sofre o sinal entre a cabeceira e a toma de usuario.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
reamplificación
Exemplo: 
Os amplificadores intermedios teñen un custo semellante aos outros tipos de amplificadores da instalación ICT.
Información complementaria: 
É necesario instalar este tipo de amplificador nos casos nos que as tomas de usuario se encontran moi afastadas da saída de cabeceira ou moi afastadas da propia entrada da vivenda, chegando no peor dos casos a non ter sinal de TV, aínda que a recepción en antena sexa excelente. Este tipo de amplificadores introduce unha baixa figura de ruído e, se quere manter os parámetros de calidade regulados non se aconsella introducir máis de tres destes artefactos electrónicos.
Ver tamén: 
amplificación; atenuación