Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

paxinación de memoria

Sistema de división de programas nun sistema operativo baseado nunha técnica de xestión de memoria, encaixándoos nos marcos de páxina, de xeito que a memoria desperdiciada por un proceso está soamente ao final da súa última páxina, minimizando a fragmentación interna e evitando a externa.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Nun momento calquera, a memoria atópase ocupada con páxinas de diferentes procesos, mentres que algúns marcos están dispoñibles para o seu uso. O sistema operativo mantén unha lista destes últimos marcos, e unha táboa por cada proceso onde consta en que marco se atopa cada páxina do proceso. As páxinas dun proceso poden non estar contiguamente situadas en memoria e poden intercalarse coas páxinas doutros procesos. Na táboa de páxinas dun proceso atópase a situación do marco que contén cada unha das súas páxinas. As direccións lóxicas nótanse como un número de páxina e un desprazamento dentro desa páxina (coñecido comunmente como offset). O número de páxina é usado como un índice dentro da táboa de páxinas e, unha vez obtida a dirección do marco de memoria, utilízase o desprazamento para compoñer a dirección real ou dirección física. Deste xeito, cando un proceso se carga en memoria, cárganse tódalas súas páxinas en marcos libres e complétase a súa táboa de páxinas.
Traducions
Tradución castelán: 
paginación de memoria
Tradución francés: 
pagination
Tradución italiano: 
paging
Tradución inglés: 
paging
Tradución alemán: 
Paging; Kachelverwaltung