Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

bucle

Técnica de programación utilizada en todas as linguaxes imperativas que consiste na repetición dunha acción un número específico de veces.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
Hai dous tipos principais de bucles: 1) Nos que o número de repeticións se coñece antes de empezar. Neste casos sempre existe unha variable (chamada variable de control do bucle) que toma un valor diferente en cada iteración, incrementándose ou decrecendo en cada paso segundo decida o programador. Exemplo: instrución "for" de C, C++, PASCAL, BASIC, MATLAB e outras linguaxes. 2) Nos que a repetición se basea nunha condición. Isto é: a acción repetirase "mentres se dea a condición" ou "ata que se dea". Estes casos son máis versátiles e permiten realizar bucles de duración coñecida (definindo unha variable de control que se modifica a cada paso) ou descoñecida, mesmo infinita. Exemplos: instrución "while" de C, C++ e PASCAL; instrución "repeat-until" de PASCAL ou "do-while" de C/C++.
Ver tamén: 
bucle con retorno; bucle de proba; linguaxe imperativa
Traducions
Tradución castelán: 
bucle
Tradución francés: 
boucle
Tradución italiano: 
ciclo
Tradución inglés: 
loop; control flow loop
Tradución alemán: 
Schleife