Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

C

Linguaxe de programación orientada á implementación de sistemas operativos, concretamente Unix.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
Foi creada en 1972 por Ken Thompson e Dennis M. Ritchie nos Laboratorios Bell como evolución da anterior linguaxe B, á súa vez baseada en BCPL. Apreciado por xerar código eficiente, é a linguaxe de programación máis popular para crear software de sistemas, aínda que tamén é utilizada para crear aplicacións. Trátase dunha linguaxe debilmente tipificada de medio nivel pero con moitas características de baixo nivel. Os compiladores adoitan ofrecer extensións á linguaxe que posibilitan mesturar código en ensamblador con código C ao acceder directamente á memoria ou a dispositivos periféricos.
Traducions
Tradución portugués: 
C
Tradución castelán: 
C
Tradución francés: 
C
Tradución italiano: 
C
Tradución inglés: 
C
Tradución alemán: 
C