Estándar de cables cuxo obxectivo é establecer unha norma de calidade para os cables de datos respecto a parámetros como velocidade de transmisión, código de cores, a asignación de pins aos conectores segundo o servizo, atenuación ou lonxitude máxima.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Estándar proposto pola Electronic Industries Alliance (EIA) e a Telecommunication Industries Asociation (TIA) que inclúen as principais empresas e organizacións do sector. Ata agora desenvolvéronse categorías de cables para diferentes servizos, sendo actualmente as máis usadas a 5, 5e, 6 e 6a. Existe un proxecto en fase de borrador (categoría 7) para 10 Gbit Ethernet (1000 Mbit/s) e ata 600 Mhz.
Ver tamén:
cablaxe; cablaxe horizontal; cablaxe vertical; cable FTP; cable UTP