Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

caixa de terminación

Elemento dunha rede de acceso de telecomunicación que agrupa de forma ordenada e segura as terminacións das mangueiras de cables que compoñen esta rede, ao tempo que facilita a conexión de cada unha desas terminacións cun extremo da vertical de acometida pertencente ao cliente.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
O conxunto de bocas ou terminacións dunha caixa de pares asóciase a un conxunto de unidades inmobiliarias (portais, plantas, edificios, baixos). A medida que se vai aprovisionando de servizos vaise asignando de forma unívoca cada boca ou terminacion á unidade inmobiliaria onde se aprovisiona o servizo. As caixas clasifícanse de acordo co tipo de terminación que albergan (óptica ou cable de par de cobre) e o número de terminacións.