Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cámara reverberante

Cámara apantallada para ensaios de compatibilidade electromagnética, semellante a unha cámara anecoica na que se prescinde de todo o material absorbente co fin de producir unha situación de ondas estacionarias, e actúa así como un resoador cun gran factor de calidade Q.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
A distribución espacial do valor de campo eléctrico e magnético non resulta homoxéneo no seu interior. A tanxente de perdas do material metálico implica unha absorción mínima da enerxía electromagnética das ondas propagadas e a disposición dun sintonizador e reflectores dentro permite controlar as condicións de contorno e modificar a homoxeneidade dos campos no seu interior.
Ver tamén: 
compatibilidade electromagnética
Traducions
Tradución castelán: 
cámara reverberante
Tradución francés: 
chambre réverbérante
Tradución inglés: 
reverberation chamber