Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

clave allea

En táboas de datos, campo da táboa que é clave primaria doutra.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Se gardamos nunha base de datos o arquivo dunha biblioteca seguramente teremos unha táboa para os usuarios indexada polo DNI (clave primaria). Tamén teremos unha táboa de libros indexados por unha referencia (clave primaria). Se creamos unha táboa de préstamos onde cada entrada (rexistro na terminoloxía das bases de datos) ten os seguintes datos (campos): - Referencia do libro. - DNI do usuario que o leva emprestado. - Data de inicio do préstamo. - Data de fin do préstamo. - Data de devolución. - Atrasado (certo se a data de devolución está fóra de prazo, falso, noutro caso). Os dous primeiros campos servirán para atopar os datos do libro e do usuario que o levou. O primeiro é unha clave allea que relaciona a táboa de préstamos coa de libros e o segundo tamén é unha clave allea que relaciona a táboa de préstamos coa de usuarios.
Ver tamén: 
base de datos; clave primaria; modelo relacional
Traducions
Tradución portugués: 
chave estrangeira
Tradución castelán: 
clave ajena
Tradución francés: 
clé étrangère
Tradución italiano: 
chiave esterna
Tradución inglés: 
foreign key