Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

copia de seguridade

Duplicado ou protección de determinados ficheiros de xeito que se poidan restaurar ao seu estado orixinal en caso de perda ou erro.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
"Cobian backup" é un programa gratuíto para facer copias de seguridade.
Información complementaria: 
A restauración pode facerse de xeito manual ou automático. Existen aplicacións tanto gratuítas coma comerciais para facer copias de seguridade automáticas, de xeito que se poden programar para a súa execución periódica sen ningunha intervención.
Traducions
Tradución castelán: 
copia de seguridad
Tradución francés: 
sauvegarde
Tradución italiano: 
copia di sicurezza
Tradución inglés: 
backup; back-up; back up
Tradución alemán: 
Datensicherung