Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

criptoloxía

Ciencia aplicada que estuda os criptosistemas.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
As súas áreas principais de interese son a criptografía, a criptoanálise e a esteganografía. Interese por crear transmisións seguras e conseguir a autenticación do emisario e a da información dixital (sinatura dixital). O procedemento utilizado para cifrar datos realízase por medio dun algoritmo, función matemática para desordenar unha información de xeito que esta se transforme en incomprensible, usando un código ou clave. As mensaxes que se teñen que protexer, texto en claro, transfórmanse mediante esta función, e á saída do proceso obtense o texto cifrado, ou cifrograma. En moitos casos, existe un algoritmo de descifraxe encargado de reordenar a información e volvela intelixible. Cando existen ambas funcións, dise que o sistema criptográfico é de dúas vías ou reversible, mentres que cando non existe unha función para descifrar dise que o sistema é dunha soa vía (para almacenar contrasinais). Mediante estes métodos, provese dunha solución a dous dos problemas da seguridade no manexo de datos, a privacidade e a autenticación, evitando que persoas non autorizadas poidan extraer información ou modificar as mensaxes. Desde o punto de vista histórico os métodos de cifraxe divídense en dúas categorías: cifradores de substitución e cifradores de transposición. Nun cifrador de substitución, cada letra ou grupo de letras substitúese por outra letra ou grupo de letras para disfrazalas. Os cifradores de substitución preservan a orde dos símbolos do texto en claro, pero disfrázanos.
Ver tamén: 
criptosistema; criptoanálise
Traducions
Tradución portugués: 
criptologia
Tradución castelán: 
criptología
Tradución francés: 
cryptologie
Tradución italiano: 
crittologia
Tradución alemán: 
Kryptologie