Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

GPS diferencial

Sistema que proporciona aos receptores de GPS correccións dos datos recibidos dos satélites GPS co fin de proporcionar unha maior precisión na localización da posición.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
sistema de posicionamento global diferencial
Información complementaria: 
Concibiuse fundamentalmente debido á introdución da dispoñibilidade selectiva. O fundamento radica no feito de que os erros producidos polo sistema GPS afectan por igual aos receptores situados próximos entre si. Os erros están fortemente correlacionados nos receptores próximos. Un receptor GPS fixo en terra (estación de referencia) que coñece exactamente a súa posición baseándose noutras técnicas, recibe a posición dada polo sistema GPS, e pode calcular os erros producidos polo sistema GPS, comparándoa coa súa. Este receptor transmite a corrección de erros aos receptores próximos a el, e así estes poden, á súa vez, corrixir tamén os erros producidos polo sistema dentro da área de cobertura de transmisión de sinais do equipo GPS de referencia.
Ver tamén: 
Galileo; GLONASS; sistema de posicionamento global
Traducions
Tradución castelán: 
GPS diferencial
Tradución francés: 
GPS différentiel; système de positionnement mondial différentiel
Tradución italiano: 
GPS différentiel
Tradución inglés: 
differential GPS
Tradución alemán: 
differential-GPS