Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

diversidade

Uso de varios camiños para transmitir e recibir un sinal co obxectivo de conseguir máis ganancia en recepción.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
A máis común é a diversidade espacial, que se basea en colocar antenas separadas nun número enteiro de lonxitudes de onda. Outros tipos son a diversidade en frecuencia, utilizada en radioenlaces. Úsanse dúas frecuencias separadas como máximo un 2% para transmitir o mesmo sinal. Tamén a diversidade temporal, en canles dixitais, que consiste en transmitir primeiro a compoñente en fase e no seguinte período a correspondente á compoñente en cuadratura. Actualmente utilízanse combinadas a diversidade espacial e temporal en sistemas dixitais para conseguir unha maior velocidade de transmisión, así como maiores distancias para mellorar a cobertura dun sistema.
Ver tamén: 
entrada múltiple e saída múltiple
Traducions
Tradución castelán: 
diversidad
Tradución francés: 
diversité
Tradución inglés: 
diversity