Parte da rede "exposta" ao exterior onde se colocaron certos servizos que se quere que estean visibles a todo o mundo e que non é vital telos moi protexidos xa que, de seren atacados, o administrador podería recuperalos rapidamente sen perda de información.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Expresión moi común no mundo da seguridade en redes informáticas. Na DMZ debe haber máquinas que non conteñan información confidencial como servidores Web que teñen información pública. Cando se usa a DMZ, cómpre ter un plan de recuperación que permita reconstruír desde cero os servidores exteriores no mínimo tempo posible. A DMZ está separada do resto da rede (da parte protexida) por unha devasa que controla as comunicacións entre a parte interna e a DMZ (a DMZ realmente, para o administrador, é parte do exterior).
Ver tamén:
devasa