'Modelo de obxectos para a representación de documentos', modelo definido polo W3C deseñado para a representación e manipulación informática de documentos HTML, XML e formatos semellantes.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
N/A
Abreviatura:
DOM
Exemplo:
O script que modifica a visualización da páxina web faino traballando co DOM.
Información complementaria:
Trátase dun modelo orientado a obxectos o que significa que o programador pode tratar o documento como un obxecto con técnicas de programación orientada a obxectos, accedendo á estrutura, ao contido e ao estilo dos documentos
Ver tamén:
eXtensible Markup Language; Hyper Text Markup Language; programación orientada a obxectos; World Wide Web Consortium