Sistema de son dixital que aplica codificación multicanle 5.1 para codificar as bandas sonoras dos filmes, que consta de 5 canles independentes (esquerda, central, dereita, envolvente esquerda e envolvente dereita) e unha dependente, para efectos en baixa frecuencia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
DTS
Exemplo:
O sistema DTS dáse a coñecer ao gran público coa estrea do filme "Jurassic Park" o 11 de xuño de 1993 en Estados Unidos.Información complementaria:
A canle independente proporciona un rango dinámico de 96 dB, 20 bits de resolución e resposta en frecuencia dende 20 Hz ata 20 kHz e aplica unha codificación con perdas a un nivel de compresión de 4:1. Nace a principios de 1992, cando a empresa Nuoptix lle presenta a Steven Spielberg un novo sistema de codificación multicanle capaz de competir con Dolby Dixital. Froito desta iniciativa constitúese o 1 de Febreiro de 1993 DTS Inc., empresa formada por Universal Studios, Steven Spielberg e polos dous creadores do novo sistema de codificación de Nuoptix.
Ver tamén:
codificación con perdas; audio multicanle; Dolby Digital