Sistema deseñado para interconectar redes de ordenadores e que realiza o traballo de recibir paquetes de datos de cada rede e decide por cal das outras redes conectadas se deben enviar para que cheguen ao seu destino final.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
N/A
Exemplo:
Algunhas conexións de ADSL utilizan un encamiñador como equipo de usuario.Información complementaria:
Realmente, trátase de ordenadores de propósito específico con varias conexións de rede (tamén se poden implementar con ordenadores de propósito xeral e o programa adecuado).
É máis coñecido polo termo inglés: router. A acción realizada polo encamiñador chámaselle encamiñar (to route en inglés). Os encamiñadores comunícanse entre si para avisarse dos cambios na topoloxía das redes (enlaces novos, enlaces caídos ...). A comunicación entre encamiñadores segue unhas normas chamadas protocolo de encamiñamento (routing protocol).
Ver tamén:
nivel de rede; paquete