Cabo de plástico ou de sílice polo cal se confina luz, cun grande ancho de banda que se aproveita en comunicacións ópticas para transmitir grandes volumes de información.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Existen diferentes tipos de fibra segundo a velocidade á que se queira transmitir: as máis coñecidas son as de salto de índice e as de índice gradual. Normalmente todas se compoñen dun núcleo polo cal se confina a luz e un revestimento que a fai máis resistente e manexable. (O núcleo é máis fino que un cabelo).
Ver tamén:
apertura numérica; fibra de índice gradual; fibra de salto de índice; fibra monomodo; fibra multimodo