'Linguaxe de etiquetaxe de hipertexto', linguaxe estandarizada para a creación de documentos web, derivada de SGML, escrita sobre un documento con extensión interpretable por un navegador a través do modelo de obxectos do documento (DOM), que permite inserir elementos multimedia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
HyperText Markup Language; Hypertext Markup Language
Abreviatura:
HTML
Exemplo:
A miña web está feita con HTML estándar.Información complementaria:
Caracterizada por non diferenciar entre maiúsculas e minúsculas, por si mesma só permite construír contido estático, pero pode ser completada con outro tipo de guións, tanto por parte do cliente coma do servidor, para construír páxinas dinámicas, acceso a bases de datos, etc.
O contido formátase mediante etiquetas (tags). As etiquetas poden ser dobres, marcando o principio e a fin do contido sobre o que van actuar, ou simples, cando representan unha acción concreta (como pode ser un salto de liña: <br>).
O documento contén unha serie de marcas que son interpretables como obxectos polo DOM do navegador. O DOM fai de intérprete do que escribimos atribuíndo un ou varios obxectos na visualización da páxina. Un exemplo disto é unha xanela dentro dun formulario para engadir contido.