Transformación á que se someten os sinais antes de seren enviados por unha canle, cuxo obxectivo é lograr que as caracterísiticas do sinal enviado sexan adecuadas á canle.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
As modulacións consisten en inserir o sinal de interese dentro dun sinal que se sabe que se vai transmitir correctamente pola canle. O sinal que se introduce chámase modulador e insírese no sinal portador. O resultado chámase sinal modulado. Normalmente os portadores son sinais sinusoidais da frecuencia adecuada, xa que normalmente a modulación consiste en levar a información a determinada banda de frecuencias.
A inserción do sinal consiste en modificar algún dos parámetros do portador, por exemplo:
- Modificando a amplitude temos modulación en amplitude (AM).
- Modificando a frecuencia temos modulación en frecuencia (FM).
- Modificando a fase temos modulación en fase (PM).
As dúas últimas reciben o nome de modulacións angulares.
Ver tamén:
desmodulación; desmodulador; modulador